A Unión de Sarria despedirá o verán cunha cea e música en directo

SarriaXa
A sociedade cultural celebrará o 5 de setembro A Nosa Noite, unha cita exclusiva para socios que contará coa actuación de Dous Bos e Os Intermitentes
Sociedad-La-Unión-Sarria
18 Aug 2026

A Sociedade Cultural La Unión de Sarria prepara unha celebración especial para poñer o broche á tempada estival. A entidade organizará o sábado 5 de setembro A Nosa Noite, unha proposta que combinará gastronomía e música en directo e que estará reservada exclusivamente para os seus socios.

A cita dará comezo ás 22.00 horas nas instalacións da Unión cunha cea elaborada por A'Oficina Eventos. O menú terá un prezo de 40 euros e estará composto por xamón cocido, polbo, churrasco mixto con crioulo e larpeira, ademais de café e chupo. A oferta completarase con viños Rioja e Mencía.

Tras a parte gastronómica, a celebración continuará coa música en directo. Dous Bos e Os Intermitentes serán os encargados de amenizar a noite e animar aos asistentes a prolongar a festa con música e baile.

As entradas para participar nesta xornada xa están dispoñibles na propia Sociedade Cultural La Unión. As persoas interesadas deberán adquirilas antes do martes 1 de setembro, data fixada como límite pola organización.

Con A Nosa Noite, a entidade sarriá propón aos seus socios unha xornada de convivencia coa que despedir o verán arredor da mesa e continuar posteriormente cunha velada musical.

0.11521100997925