Abre o prazo de inscrición para o programa Xuntos polo Nadal

GaliciaXa | LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | FerrolXa | OurenseXa
A iniciativa está dirixida ás persoas de 60 anos ou máis que estean soas nestas datas, e levarase a cabo entre o 23 de decembro de 2026 e o 7 de xaneiro de 2027
maiores-man-saf-axuda-
17 Nov 2026

A Xunta ten aberto desde hoxe e ata o vindeiro día 30 de novembro o prazo de inscrición no programa Xuntos polo Nadal, dirixido ás persoas de 60 anos ou máis que estean soas nestas datas e desexen pasalas acompañadas. Ofrécense un total de 270 prazas nas Residencias de Tempo Libre do Carballiño (130 prazas) –para os solicitantes das provincias da Coruña e Ourense– e de Panxón, en Nigrán (140) –para os participantes procedentes das provincias de Pontevedra e Lugo–.

Este programa levarase a cabo entre o día 23 de decembro de 2026 e o día 7 de xaneiro de 2027, en tres quendas diferentes, das que se deberá elixir unha: do 23 de decembro ao 7 de xaneiro (16 días), do 23 ao 30 de decembro (8 días) e do 31 de decembro ao 7 de xaneiro (8 días). Inclúese aloxamento e manutención en réxime de pensión completa, traslado en autobús ata as residencias desde as principais cidades e viaxe de regreso, así como actividades de animación sociocultural.

Para acceder á iniciativa é necesario ter 60 anos, valerse por un mesmo, estar empadroado en Galicia ou vivir só no domicilio e non ter con quen pasar as datas do Nadal, entre outros requisitos. Para a selección das persoas participantes daráselle preferencia a aquelas que perderan o seu cónxuxe ou persoa coa que convivisen nos últimos dous anos, ás que teñan máis idade e ás que non participaran nas edicións anteriores.

As solicitudes para inscribirse en Xuntos polo Nadal poden realizarse preferentemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou maneira presencial nas Oficinas de atención á cidadanía e de rexistro. As peticións de praza deberán ir acompañadas da declaración responsable e do informe social que figuran nos modelos oficiais da convocatoria.

0.14526510238647