Ania González e Horacio González presentan en Sarria o libro 'As the World Falls Down'

Ania González e Horacio González presentarán este sábado, 25 de xullo, o libro 'As the World Falls Down' nun acto que terá lugar na Sede (NDAC), situada na rúa Ramón Cabanillas, 11, nave 5, en Sarria, a partir das 19.30 horas.
O texto, escrito en 2017 e recuperado para a súa lectura en 2026, aborda o esgotamento dun modelo institucional da arte contemporánea e a necesidade de ensaiar novas relacións entre as institucións, as prácticas artísticas e o contexto social.
A publicación inaugura 'Pés e Cabeza', unha nova serie de MPH Group, o selo editorial de Huhú, que nace co propósito de recuperar textos que xa circularon e publicalos en edicións bilingües, no idioma orixinal e en inglés.