Ao redor de 400 persoas participaron no primeiro Encontro de Asociación do Camiño de Santiago

SarriaXa | RibeiraSacraXa
A Asociación Xacobeo Rutas de Sarria participou do primeiro Encontro de Asociacións do Camiño de Santiago de Galicia, no que participaron tamén diversas asociacións de Lugo e Monforte, entre outras.
primeira xuntanza de asociacions do camiño de santiago
primeira xuntanza de asociacions do camiño de santiago
9 oct 2023

A Asociación Xacobeo Rutas de Sarria participou do primeiro Encontro de Asociacións do Camiño de Santiago de Galicia, no que participaron tamén diversas asociacións de Lugo e Monforte, entre outras.

Durante a xornada, as persoas participantes percorreron o Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra nunha ruta de 15 quilómetros na que comezaron en Escairón, no Saviñao, pasaron polos miradores Cabo do Mundo e volveron cara a Escairón, onde desfrutaron dunha pulpada.

En total, 400 persoas xuntáronse para celebrar este primeiro encontro no que os participantes puideron coñecerse, compartir inquedanzas e paixóns para seguir promovendo o deporte, a cultura e o patrimonio inmaterial de Galicia.