As Cavarcas do Incio organiza unha charla sobre prevención de incendios forestais este venres

SarriaXa | RibeiraSacraXa
A sesión será impartida por Eloi Villada e abordará a xestión do monte como ferramenta clave para reducir o impacto dos lumes
prevención-dos-lumes-recurso
18 Jun 2026

A Asociación As Cavarcas do Incio organiza unha charla centrada na prevención dos incendios forestais, que será impartida por Eloi Villada, fundador e técnico da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes.

A actividade celebrarase este venres día 19 ás 19:30 horas na Casa da Cultura da Pobra do Brollón, nun contexto no que se pon o foco na importancia de municipios como este e Quiroga, que figuran entre os máis afectados polos incendios forestais na provincia de Lugo nos últimos anos.

Durante a charla abordarase o papel determinante que ten a conservación dunha paisaxe ordenada e a xestión axeitada do monte na prevención dos lumes, así como na redución das súas consecuencias tanto inmediatas como a longo prazo.

A organización anuncia ademais que no mes de setembro se celebrará unha segunda sesión, centrada nesta ocasión nas consecuencias dos incendios continuados e no seu impacto sobre a poboación e o medio ambiente, aínda que o lugar de realización está pendente de confirmación.

0.095024824142456