As Mulleres Rurais de Paradela organizan unha viaxe a Salamanca os días 16 e 17 de maio

A Asociación de Mulleres Rurais de Paradela ten programada unha viaxe a Salamanca que terá lugar os días 16 e 17 de maio, nunha proposta pensada para gozar de dúas xornadas de carácter cultural e turístico nas que as participantes coñecerán os principais monumentos e as características máis destacadas da cidade.
A saída realizarase o día 16 de maio ás 5:30 horas desde o Mercado Gandeiro de Paradela. A excursión inclúe autobús, hospedaxe, comidas e seguro, garantindo así todas as comodidades para as persoas participantes ao longo da viaxe.
As interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición ata o 5 de maio a través dos teléfonos de contacto de Mila (669 849 518) ou Rocío (649 240 466).