Convocada unha praza de peón de servizos múltiples no Incio

SarriaXa
O Concello do Incio aprobou as bases xerais que rexerán o procedemento para a selección dun posto de Peón de Servizos Múltiples como persoal laboral temporal a xornada completa e durante seis meses.
14 ene 2023

O Concello do Incio aprobou as bases xerais que rexerán o procedemento para a selección dun posto de Peón de Servizos Múltiples como persoal laboral temporal a xornada completa e durante seis meses.

Este posto de traballo encádrase no abeiro do programa da Deputación Provincia de Lugo 'Fomento de Emprego' no Plan Único 2022.

Segundo o disposto, as persoas interesadas deberán presentar as súas instancias dirixidas ao alcalde no Rexistro Xeral do Concello en horario de oficina, de 08.00 a 15.00 horas, no prazo de cinco días naturais desde onte, é dicir, ata o vindeiro mércores incluído.