Ergueitas impulsa un percorrido cultural pola ruta de Fiz Vergara en Lóuzara

SarriaXa
A actividade celebrarase o 21 de xuño con saída desde Aira Padrón e remate en Santalla de Lóuzara, incluíndo acompañamento teatral do grupo Milrosas
ruta-Fiz-Vergara-Ergueitas-Sarria
18 Jun 2026

A agrupación cultural Ergueitas organizará o vindeiro 21 de xuño un percorrido pola coñecida ruta de Fiz Vergara Vilariño, no entorno de Lóuzara, dentro do municipio de Samos. Trátase dunha proposta de carácter cultural e participativo que busca poñer en valor a figura do autor e a contorna na que naceu.

O roteiro dará comezo ás 11.00 horas desde Aira Padrón e rematará en Santalla de Lóuzara, lugar de nacemento de Fiz Vergara Vilariño. Ao longo do traxecto, as persoas asistentes poderán gozar dunha experiencia enriquecida coa colaboración do grupo de teatro Milrosas de Lóuzara, que achegará distintas intervencións escénicas para dinamizar o percorrido.

A iniciativa pretende combinar natureza, literatura e arte nun mesmo espazo, favorecendo unha xornada de encontro e participación aberta á veciñanza e visitantes.

Para máis información ou inscricións, a organización facilita o correo electrónico ergueitas@gmail.com e o número de teléfono 677 429 225.

0.1228621006012