Estefanía Padullés presenta en Paradela a súa nova novela “Memoria de sombra y bosque”

SarriaXa
A obra, unha historia sobre a madurez e a identidade, será presentada o 26 de xuño no Centro Sociocultural Manuel Oreste Rodríguez López
Estefanía-Padullés
22 Jun 2026

A escritora e ilustradora Estefanía Padullés, veciña de Paradela, presentará a súa nova novela titulada “Memoria de sombra y bosque”, unha obra emotiva que aborda a madurez, a procura da identidade e a superación persoal a través da historia de Alina, unha moza de 15 anos.

Desde o Concello de Paradela quixeron acompañar á autora neste lanzamento e convidan á veciñanza a asistir ao acto de presentación oficial, que terá lugar o 26 de xuño ás 19:00 horas no Centro Sociocultural Manuel Oreste Rodríguez López.

O evento contará coa presenza da alcaldesa, Monserrat Montse Mulet Sar, así como do escritor e xornalista Xulio Xiz, que será o encargado de presentar o acto.

0.12018299102783