Hai nove prazas convocadas en Triacastela para a estabilización do emprego

SarriaXa
O Concello de Triacastela ten convocadas nove prazas para a estabilización do emprego temporal de longa duración a cubrir polo sistema de concurso-oposición e por concurso.
11 Xan 2023

O Concello de Triacastela ten convocadas nove prazas para a estabilización do emprego temporal de longa duración a cubrir polo sistema de concurso-oposición e por concurso.

Estas prazas divídense da seguinte maneira: unha para limpador, cinco para auxiliares de axuda ao fogar; estad dúas polo sistema concurso oposición; e unha de traballador social, unha de axente de emprego e desenvolvemento local e outra de arquitecto; estas últimas polo sistema de concurso.

A resolución do BOE saíu o pasado 29 de decembro, polo que o proceso de selección para estas nove prazas xa está aberto para a presentación de instancias e durará ata o vindeiro 19 de xaneiro.

0.079575061798096