Hospitaleros Sin Fronteras celebrará en Sarria a V edición do mercado solidario Malicounda Teranga

SarriaXa
A cita terá lugar o 6 de xuño cunha xornada chea de música, gastronomía, maxia e actividades solidarias para todos os públicos
Mercadillo-solidario-Malicounda-Teranga-sarria
9 May 2026

A ONG sarriá Hospitaleros Sin Fronteras organizará o vindeiro 6 de xuño a quinta edición de Malicounda Teranga, un mercado solidario que volverá converter Sarria nun punto de encontro arredor da solidariedade, a cultura e a convivencia.

A iniciativa contará cun amplo programa de actividades pensado para todos os públicos, nunha xornada na que os asistentes poderán desfrutar de música, gastronomía, maxia e diferentes propostas culturais e de lecer.

Entre as actividades previstas destaca tamén un mercadiño solidario con roupa de segunda man e artesanía procedente de Senegal, co obxectivo de recadar fondos e continuar apoiando os proxectos solidarios impulsados pola entidade.

Desde a organización animan á veciñanza a participar nesta nova edición de Malicounda Teranga, unha cita que busca combinar diversión e compromiso social nun ambiente aberto e participativo.

0.10980796813965