Huellas Sarria busca unha persoa responsable para traballar con eles coidando dos animais da protectora
Desde a protectora Huellas de Sarria están buscando unha persoa para colaborar con eles nas tarefas de limpeza, orde, alimentación de coidado dos animais.
Como difunden nas súas redes sociais, buscan a alguén responsable, que poida traballar de forma independente sen ser supervisado, que posúa empatía e que lles teña agarimo aos animais dos que vai coidar.
Este traballo sería polas mañás de luns a venres e tres tardes, nun total 15 horas e media á semana, para cubrir uns días de permiso dunha da súa traballadora, e tamén buscan a alguén con vistas ao verán.
Tamén comentan a importancia de poder desprazarse ata o refuxio, que pode ser a través de coche, moto ou bicicleta.
As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes mandando un correo a electrónico a huellasdesarria@gmail.com.