Huellas Sarria busca unha persoa responsable para traballar con eles coidando dos animais da protectora

SarriaXa
Huellas Sarria busca unha persoa responsable para traballar con eles coidando dos animais da protectora algúns días
huellas de sarria logo
15 Feb 2023

Desde a protectora Huellas de Sarria están buscando unha persoa para colaborar con eles nas tarefas de limpeza, orde, alimentación de coidado dos animais.

Como difunden nas súas redes sociais, buscan a alguén responsable, que poida traballar de forma independente sen ser supervisado, que posúa empatía e que lles teña agarimo aos animais dos que vai coidar.

Este traballo sería polas mañás de luns a venres e tres tardes, nun total 15 horas e media á semana, para cubrir uns días de permiso dunha da súa traballadora, e tamén buscan a alguén con vistas ao verán.

Tamén comentan a importancia de poder desprazarse ata o refuxio, que pode ser a través de coche, moto ou bicicleta.

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes mandando un correo a electrónico a huellasdesarria@gmail.com.

0.16355490684509