Láncara acolle un obradoiro de cerámica e imáns aberto a todos os públicos

A Asociación Cultural Val de Láncara organizará o vindeiro sábado 21 de novembro un obradoiro de "Cerámica e imáns", unha proposta dirixida a todos os públicos para descubrir novas posibilidades creativas e achegarse ao traballo artesanal coa arxila.
A actividade desenvolverase de 10:30 a 13:30 horas na antiga Escola de Láncara e terá un prezo de 5 euros para as persoas socias e de 10 euros para as non socias. Os materiais necesarios estarán incluídos.
As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición chamando ao teléfono 691 17 56 50.