Láncara organiza un campamento de Nadal para facilitar a conciliación das familias

O Concello de Láncara organizará un campamento de Nadal durante as vacacións escolares co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e ofrecer aos máis pequenos un espazo de diversión, convivencia e aprendizaxe.
A actividade desenvolverase no Polifuncional do Campo da Feira os días 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro, así como o 4, 5 e 7 de xaneiro.
O campamento contará con dúas modalidades horarias. A opción habitual será de 10:00 a 14:00 horas, cun prezo de 20 euros, mentres que o horario ampliado permitirá a entrada ás 8:30 e a saída ás 14:30 horas, por un custo de 28 euros.
O prazo de inscrición permanecerá aberto do 26 de novembro ao 11 de decembro. As solicitudes poderán presentarse na Biblioteca Municipal ou a través da sede electrónica do Concello.
Con esta iniciativa, o Goberno local busca ofrecer ás familias un recurso de apoio durante o período non lectivo do Nadal e facilitar que os nenos e nenas poidan desfrutar de actividades compartidas durante as vacacións.