Los Extraños Pasajeros protagonizan a sesión vermú deste domingo na terraza da Sociedade La Unión de Sarria

SarriaXa
A banda de versións pop e rock actuará a partir das 13.00 horas nun concerto aberto ao público
edificio-Sociedade-La-Unión-Sarria
31 Jul 2026

A programación estival da Sociedade La Unión de Sarria continuará este domingo, 2 de agosto, cunha nova sesión vermú na súa terraza. Nesta ocasión, a música correrá a cargo de Los Extraños Pasajeros, unha banda especializada en versións de temas pop e rock que amenizará o mediodía cun repertorio pensado para todos os públicos.

A actuación dará comezo ás 13.00 horas e estará aberta a todas as persoas que desexen achegarse ata este espazo para desfrutar da música en directo e do ambiente da sesión vermú.

Desde a organización destacan que esta iniciativa continúa consolidándose como unha das citas habituais das fins de semana de verán en Sarria, combinando gastronomía, lecer e actuacións musicais ao aire libre.

0.11455607414246