Louseiro viaxará aos anos 60 coa celebración do Louseiro Ye-Yé o 12 de xullo

SarriaXa
A Asociación Cultural Os Gorriós organizará unha xornada con sesión vermú, xantar comunitario e música en directo a cargo de Carta de Ajuste
Carta-de-Ajuste
6 Jul 2026

A Asociación Cultural Os Gorriós, da parroquia de Louseiro, en Sarria, organizará o vindeiro 12 de xullo unha nova xornada festiva cun marcado aire retro a través do Louseiro Ye-Yé, unha proposta inspirada no ambiente e na música dos anos 60.

A programación dará comezo ás 13.00 horas coa sesión vermú, primeiro acto dunha xornada pensada para reunir veciños e asistentes arredor da música e da convivencia. Ademais, a organización ten previsto un xantar comunitario cun prezo de 20 euros por persoa.

A actividade continuará pola tarde a partir das 17.00 horas coa actuación en directo do grupo Carta de Ajuste, que será o encargado de poñer o ritmo a unha celebración que busca recrear o ambiente festivo dunha das décadas máis emblemáticas da música.

0.12103199958801