O alumnado do CPI Ramón Piñeiro representará unha obra sobre os prexuízos da lingua galega en A Veiga

SarriaXa
O encontro interxeracional celebrarase o 18 de maio no Complexo Terapéutico Xerontolóxico A Veiga con motivo do Día das Letras Galegas
Reis-Magos-na-Residencia-A-Veiga-de-Láncara
18 May 2026

O Complexo Terapéutico Xerontolóxico A Veiga acollerá este luns 18 de maio unha actividade especial con motivo do Día das Letras Galegas, nunha iniciativa que unirá diferentes xeracións arredor da lingua e da cultura galega.

O acto desenvolverase ás 11:30 horas e estará aberto á asistencia de familias, amizades e veciñanza que desexen acompañar aos participantes nesta celebración.

A proposta contará coa participación do alumnado do CPI Ramón Piñeiro da Pobra de San Xiao, no Concello de Láncara, que representará unha obra de teatro centrada nos prexuízos relacionados co uso da lingua galega. O obxectivo do encontro será fomentar a reflexión e o diálogo interxeracional, ademais de reivindicar o valor social e cultural do galego.

Desde a organización destacan que a actividade pretende converterse nun espazo de convivencia e intercambio entre persoas maiores, rapaces e rapazas, promovendo a participación da comunidade nunha xornada significativa arredor das Letras Galegas.

0.11956906318665