O Club Atalaia de Sarria abre as súas portas para achegar este deporte aos máis pequenos

SarriaXa
A xornada gratuíta celebrarase o 16 de setembro no Pavillón Novo do Chanto e non será necesario contar con experiencia previa
Club-Rítmica-Atalaia-Sarria-Concello
29 Aug 2026

O Club Atalaia de Ximnasia Rítmica de Sarria organizará o próximo 16 de setembro unha xornada de portas abertas para que nenas e nenos poidan coñecer de preto o mundo da ximnasia rítmica e probar esta disciplina deportiva.

A actividade desenvolverase no Pavillón Novo do Chanto, na rúa Castelao, entre as 16:00 e as 17:00 horas, nunha sesión pensada para que os participantes poidan achegarse ao deporte dun xeito ameno e diferente.

A proposta está aberta a todas as nenas e nenos que queiran descubrir a ximnasia rítmica, sen necesidade de ter experiencia previa. Desde o club animan as familias a participar nesta xornada, que permitirá coñecer o funcionamento desta disciplina e experimentar cos seus diferentes elementos.

A sesión estará centrada na diversión e na aprendizaxe, ofrecendo aos máis pequenos a oportunidade de descubrir as posibilidades que ofrece a ximnasia rítmica nun ambiente deportivo e lúdico.

0.13694214820862