O Concello do Incio busca persoal para reforzar o Servizo de Axuda no Fogar

SarriaXa
As persoas interesadas en cubrir vacacións ou baixas poden contactar cos Servizos Sociais municipais en horario de mañá
Concello_do_Incio
9 Jun 2026

O Concello do Incio iniciou un proceso de procura de persoal para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) co obxectivo de cubrir períodos de vacacións e baixas do persoal que presta este servizo esencial no municipio.

Desde o Goberno local fan un chamamento ás persoas interesadas en formar parte da bolsa de traballo para que se poñan en contacto cos Servizos Sociais municipais. O consistorio destaca a importancia de garantir a continuidade da atención ás persoas usuarias do SAF, un recurso fundamental para a atención e o apoio ás persoas dependentes e ás súas familias.

As persoas candidatas poden solicitar máis información ou presentar o seu interese de forma presencial nas dependencias municipais en horario de 08:00 a 15:00 horas. Tamén poden contactar a través do teléfono 982 42 70 14.

0.13459491729736