O Grupo Xacobeo de Sarria organiza unha nova excursión, neste caso a Portugal

SarriaXa

O grupo Xacobeo Sarria organiza unha nova saída cultural o vindeiro 28 de abril a Portugal, onde as persoas que participen visitarán o Santuario Nosa Señora da Peneda, o Castro Laboreiro e Melgaço e participarán da Feira do Albariño e do Fumeiro.

Grupo Xacobeo Rutas Sarria
Grupo Xacobeo Rutas Sarria
16 abr 2024

O grupo Xacobeo Sarria organiza unha nova saída cultural o vindeiro 28 de abril a Portugal, onde as persoas que participen visitarán o Santuario Nosa Señora da Peneda, o Castro Laboreiro e Melgaço e participarán da Feira do Albariño e do Fumeiro.

Concretamente, pola mañá, despois de saír de Lugo ás 6.00 horas ou desde Sarria ás 6.30 horas, irán cara o Santuario, que ocupa unha cova baixo un afloramento granítico no corazón do parque Peneda-Genés.

Despois, visitarán o Castro Laboreiro, unha pintoresca freguesía portuguesa onde poderán facer unha pequeña ruta ata o Castelo, de máis de mil metros por enriba do mar.

Xa pola tarde visitarán a vila de Melgaço e participarán da Feira do Albariño e do Fumeiro.

As persoas que queiran participar poderán apuntarse ata o día 25 e pagar un custo de 45 euros se son socios e de 48 se non o son.