O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria reuniu alumnado e familias na súa III Marcha Cicloturista

SarriaXa
A actividade percorreu o traxecto entre Sarria e a praia fluvial da Pobra de San Xiao, cunha xornada de convivencia marcada polo deporte e a participación
III-Marcha-Cicloturista-en-Familia-IES-Xograr-Sarria
22 Jun 2026

O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria celebrou a III Marcha Cicloturista en Familia cunha destacada participación de alumnado, profesorado e familias que compartiron unha xornada marcada pola afección ao ciclismo e a convivencia.

Os participantes realizaron unha ruta que partiu desde Sarria en dirección á praia fluvial da Pobra de San Xiao, no municipio de Láncara. Unha vez alí, o grupo compartiu un xantar antes de iniciar o regreso ao centro educativo sobre dúas rodas.

A actividade contou coa colaboración dos membros do Club DHGTeam, cuxa participación resultou fundamental para o desenvolvemento da marcha. Ademais, durante todo o percorrido os asistentes estiveron acompañados por un vehículo de apoio, o que contribuíu ao bo funcionamento da iniciativa e á seguridade dos participantes.

Xa na praia fluvial, sumouse tamén un amplo grupo de familias vinculadas tanto ao Club DHGTeam como ao instituto, creando un ambiente de encontro e participación. Algúns asistentes aproveitaron ademais a elevada temperatura da xornada para completar a experiencia cun baño refrescante.

Desde a organización tamén quixeron agradecer a colaboración de Fontecelta, que un ano máis contribuíu coa doazón de auga para a actividade.

0.13130497932434