O Incio acollerá o 22 de xuño a atención do CIM móbil da Xunta de Galicia

O Incio será unha das paradas do Centro de Información á Muller (CIM) móbil da Xunta de Galicia, que continúa a súa ruta pola provincia de Lugo co obxectivo de achegar atención especializada en materia de igualdade e violencia de xénero a diferentes concellos.
O servizo estará dispoñible no municipio o vindeiro 22 de xuño, onde profesionais especializadas atenderán ás persoas que precisen orientación psicolóxica, social ou xurídica, así como información relacionada coa igualdade, os roles de xénero e a prevención da violencia machista.
Esta unidade itinerante busca facilitar o acceso a estes recursos, especialmente en contornas rurais ou localidades afastadas dos centros fixos de atención, garantindo así unha cobertura máis próxima e accesible para a cidadanía.