O Incio celebra a XXXIII Festa dos Avós e da Familia este sábado

SarriaXa
A xornada incluirá misa, xantar, sorteos e actuación musical no pavillón do colexio
Festa-dos-Avós-O-Incio
5 May 2026

O Concello do Incio acollerá este sábado, 9 de maio, a XXXIII Festa dos Avós e da Familia, unha cita xa tradicional que reunirá a veciñanza nunha xornada de convivencia e celebración no pavillón polideportivo do colexio do municipio.

A organización lembra que a recollida de entradas debe realizarse previamente nas dependencias do Concello, requisito imprescindible para poder participar nas actividades programadas.

O evento dará comezo ás 13:15 horas coa celebración dunha misa. Posteriormente, ás 14:00 horas, terá lugar o xantar de confraternidade, un dos momentos centrais da xornada. Xa pola tarde, ás 16:00 horas, desenvolverase o sorteo de agasallos entre as persoas asistentes, seguido dunha actuación musical ás 16:30 horas que porá o broche final á festa.

0.077349185943604