O Incio reuniu a máis de 500 persoas na XXXIII Festa dos Avós e da Familia

SarriaXa
A celebración homenaxeou ás persoas de maior idade da residencia e destacou o papel dos maiores e das familias no municipio
festa-dos-avós-O-Incio-2026
11 May 2026

O Incio celebrou a XXXIII Festa dos Avós e da Familia, unha cita organizada polo Goberno local que reuniu a máis de 500 persoas nunha xornada marcada pola convivencia, os recordos e o recoñecemento aos maiores do municipio.

Durante o encontro, o alcalde, Héctor Corujo, fixo entrega dun agasallo a Visitación Rodríguez Pérez, de 100 anos, e a Julio Luis Núñez Sánchez, de 95, persoas usuarias da residencia do Incio e homenaxeadas por seren as de maior idade nesta edición da festa.

A celebración serviu tamén para poñer en valor o papel das familias e dos maiores como parte fundamental da vida social do municipio. Ademais, todas as persoas asistentes recibiron un detalle conmemorativo pola súa participación nesta tradicional xornada festiva.

0.11558699607849