O Páramo celebrará o 10 de maio a XXIX Festa dos Avós do Concello

O Concello do Páramo celebrará o vindeiro 10 de maio de 2026 a XXIX Festa dos Avós do Concello, unha cita xa consolidada no calendario local e dirixida especialmente ás persoas maiores do municipio.
Segundo recolle o bando municipal, a xornada comezará cunha misa ás 13:00 horas no Campo da Feira. A continuación, os asistentes participarán nun xantar de confraternidade que terá lugar no polideportivo municipal.
A convocatoria está destinada a todas as persoas maiores de 65 anos, aos seus cónxuxes e tamén ás persoas que estean xubiladas. No caso de quen non estea empadroado no municipio ou non cumpra co requisito de ser cónxuxe ou pensionista, deberá aboar un importe de 39 euros para asistir.
Desde o Concello sinalan a importancia de comunicar previamente a asistencia por motivos organizativos. Para iso, as inscricións deberán formalizarse nas oficinas municipais como data límite o luns 4 de maio. As persoas interesadas deberán acudir provistas do DNI ou da tarxeta de pensionista.
Para obter máis información, o Concello do Páramo pon á disposición da veciñanza o teléfono 982 539156.