O Páramo mantén o programa Madrugadores para facilitar a conciliación das familias

SarriaXa
O servizo é gratuíto e está dirixido ao alumnado do CEIP Plurilingüe do Páramo que precise compatibilizar o horario escolar cos horarios laborais ou dos autobuses
CEIP-Paramo
3 Sep 2026

O Concello do Páramo mantén en funcionamento o programa Madrugadores do Páramo, un servizo gratuíto creado para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das familias do municipio durante o curso escolar.

A iniciativa está dirixida ao alumnado do CEIP Plurilingüe do Páramo cando existen discrepancias entre o horario de traballo das familias e o inicio das clases ou os horarios dos autobuses escolares. O servizo funciona de luns a venres ao longo do curso escolar e está operativo desde o curso 2023/2024.

As familias poden inscribir o alumnado tanto para facer uso habitual do servizo como para utilizalo en días soltos. Neste último caso, deberán comunicalo previamente para que os menores sexan dados de alta no programa.

As persoas interesadas en utilizar Madrugadores do Páramo deberán presentar a súa solicitude no rexistro do Concello antes do 9 de setembro de 2026.

Para obter máis información, as familias poden dirixirse directamente ao Concello do Páramo ou contactar a través do teléfono 982 539 156.

0.14542388916016