O XIII DHU Vila de Sarria provocará modificacións no tráfico durante toda a fin de semana

SarriaXa
O Concello invertirá o sentido de circulación na rúa Rosalía de Castro e pechará ao tráfico varias rúas do centro entre o venres e o domingo
rúa-pancarta-DHU-Vila-de-Sarria-26
9 Jul 2026

A celebración do XIII DHU Vila de Sarria traerá consigo importantes modificacións na circulación durante esta fin de semana. O Concello informa de que, con motivo da competición, se establecerán cambios de tráfico en diferentes puntos da vila para garantir o correcto desenvolvemento do evento e a seguridade de participantes e asistentes.

A principal novidade será a inversión do sentido de circulación na rúa Rosalía de Castro, que permanecerá vixente desde as 15.30 horas do venres 10 de xullo ata o domingo 12 de xullo.

Ademais, permanecerán totalmente pechadas ao tráfico as rúas Conde de Lemos, Maior e Marqués de Ugena durante o desenvolvemento da proba.

Desde o Concello solicitan a colaboración da veciñanza e recomendan seguir en todo momento as indicacións da Policía Local, así como respectar a sinalización provisional habilitada para regular a circulación. Para calquera incidencia ou consulta, os cidadáns poden contactar coa Policía Local de Sarria no teléfono 982 530 850.

0.10262012481689