Paradela entrega a primeira cesta de benvida por nacemento do ano 2026

A alcaldesa de Paradela, Montse Mulet Sar, fixo entrega dunha nova cesta de benvida correspondente á primeira solicitude por nacemento tramitada no Concello neste ano 2026. A axuda inclúe un lote de produtos de primeira necesidade destinado ás familias con recentemente nados no municipio.
Esta iniciativa forma parte das medidas impulsadas polo Concello de Paradela para fomentar a natalidade e contribuír á fixación de poboación dentro do termo municipal. No mes de decembro de 2023, a administración local aprobou a ordenanza que regula a concesión de axudas por nacemento ou adopción.
A normativa establece a entrega dun lote de produtos valorado en 200 euros, así como unha axuda económica directa de 1.000 euros. Esta contía abóase en dous prazos: un primeiro pagamento correspondente ao 75% no momento da solicitude e o 25% restante unha vez acreditada a residencia efectiva durante un ano desde o nacemento ou adopción.
Desde o goberno local destacan que estas medidas buscan apoiar ás familias e favorecer o asentamento de novos veciños e veciñas no municipio.