Paradela impulsou unha campaña de sensibilización para promover o respecto e a igualdade

SarriaXa
A iniciativa, financiada con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, chegou a centros educativos, entidades sociais e colectivos deportivos do municipio
Paradela-en-igualdade-CEIP
21 Jun 2026

O Concello de Paradela desenvolveu nos últimos días unha iniciativa de sensibilización orientada a promover valores de respecto, igualdade e convivencia entre a veciñanza, unha acción financiada con cargo aos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

No marco desta campaña, a alcaldesa de Paradela, Montse Mulet Sar, realizou a entrega de diferente material, entre o que se incluíron bolsas, pequenas neveiras e petos deportivos, co propósito de transmitir unha mensaxe centrada na importancia de construír unha sociedade baseada no respecto mutuo, a igualdade e a convivencia en todas as etapas da vida.

A iniciativa chegou a distintos colectivos do municipio, implicando a diferentes xeracións e ámbitos da vida social local. Entre os participantes atopáronse os nenos e nenas da Casa Niño Pitiños, o alumnado do CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela, os xogadores do SD Paradela e integrantes da Asociación de Mulleres Rurais de Paradela.

Desde o Concello sinalan que esta acción pretende contribuír á prevención da violencia de xénero desde as idades máis temperás, ao tempo que reforza o apoio ao tecido social, educativo e deportivo do municipio arredor dun obxectivo común.

0.11347198486328