Peleriños inaugura o novo curso cunha foliada aberta no Paseo do Malecón

A Asociación Cultural Peleriños dará a benvida ao novo curso cunha tarde-noite de música tradicional no Paseo do Malecón, celebrando a iniciativa 'A Benvida Peleriña', que terá lugar trala asemblea aberta de socios, prevista para as 19.50 horas.
Tras a reunión, os participantes irán ata o Paseo do Malecón para compartir unha velada de música, baile e canto. A programación contará coa actuación do cuarteto de Peleriños e do grupo de pandereteiras da asociación, Por Vir.
Unha vez rematadas estas actuacións, a celebración continuará cunha foliada aberta, ás 21.00 horas, coa intención de prolongar a música e a participación durante a noite.
Desde Peleriños animan á veciñanza a sumarse á proposta e participar tocando, cantando ou bailando nesta benvida ao novo curso da asociación.