Saen a licitación as barras de bar que darán servizo durante o San Xoán de Sarria

SarriaXa

Sae a licitación a instalación de dúas barras de bar para dar servizo durante as festas de San Xoán entre os días 21 e 25 de xuño que estarán localizadas no campo de rugby de Sarria.

12 abr 2024

Sae a licitación a instalación de dúas barras de bar para dar servizo durante as festas de San Xoán entre os días 21 e 25 de xuño que estarán localizadas no campo de rugby de Sarria.

As empresas interesadas en presentarse á convocatoria deberán aboar un prezo, en principio, de 10.000 euros, un prezo establecido en base ao estudo de mercado feito con referencia ao ano pasado, cando foron adxudicadas a Skyline Nights, de Huesca, por un valor de 12.800 euros.

O Concello de Sarria, que organiza de novo esta edición, anuniciará proximamente toda a programación do evento cos concertos que se sumarán aos xa confirmados de Niña Polaca  e Nena Daconte, que abrirá as festas o día 21 no centro da vila, mentres que os demais concertos serán no campo de rugby onde se instalarán as barras de bar.