Samos abre a piscina municipal este sábado 27 de xuño para uso veciñal

O Concello de Samos abre este sábado, 27 de xuño, a piscina municipal para o desfrute da veciñanza. Con esta posta en marcha dá comezo a tempada de verán nas instalacións municipais, que estarán dispoñibles para o baño durante os próximos meses.
O horario establecido será de martes a domingo, de 15:00 a 20:30 horas, e a previsión é que o servizo permaneza aberto ata o 6 de setembro, ofrecendo así un espazo de lecer durante toda a campaña estival.