Samos acollerá unha sesión gratuíta para aprender a previr e identificar un ictus

SarriaXa
A actividade, organizada pola Cruz Vermella dentro do programa Redes que coidan, celebrarase o 10 de decembro na biblioteca municipal e estará dirixida a persoas maiores de 65 anos
Biblioteca-Samos
25 Nov 2026

A Cruz Vermella organizará en Samos unha sesión gratuíta de prevención do ictus co obxectivo de ensinar a recoñecer os principais sinais de alerta e saber como actuar ante unha emerxencia deste tipo.

A actividade, enmarcada no programa Redes que coidan, terá lugar o xoves 10 de decembro, ás 11.00 horas, na Biblioteca de Samos, e estará dirixida a persoas maiores de 65 anos.

Durante a sesión, as persoas participantes poderán aprender a identificar os síntomas dun ictus e coñecer a importancia de actuar con rapidez, xa que unha intervención temperá pode resultar determinante. Para obter máis información, está dispoñible o teléfono 678 44 49 14 e o correo electrónico teresa.iglesias@cruzroja.es.

0.15868401527405