Sarria abre o prazo de inscrición para os cursos de natación do verán de 2026

SarriaXa
O programa desenvolverase entre o 27 de xuño e o 7 de setembro e contará con diferentes niveis e horarios para nenos e adultos
piscina-Sarria
3 Jun 2026

O Concello de Sarria abriu o prazo de inscrición para unha nova edición dos cursos de natación de verán, unha actividade que se desenvolverá entre o 27 de xuño e o 7 de setembro de 2026 nas instalacións deportivas municipais. A programación inclúe varias quendas durante os meses de xullo e agosto, adaptadas a diferentes idades e niveis de aprendizaxe.

As quincenas dispoñibles serán do 1 ao 15 de xullo, do 16 ao 31 de xullo, do 3 ao 14 de agosto e do 17 ao 31 de agosto. Os participantes poderán elixir entre distintos horarios comprendidos entre as 12:00 e as 14:30 horas, con grupos de iniciación, nivel medio e perfeccionamento. Ademais, haberá unha quenda específica para nenos de 3 anos e outra destinada a persoas adultas.

Os prezos establecidos para esta edición son de 26,60 euros para o abono individual e de 35,45 euros para o abono familiar. Os cursos quincenais terán un custo de 13,34 euros, que se reducirá a 8,89 euros para o segundo irmán inscrito. No caso dos cursos mensuais, o importe será de 26,61 euros, mentres que o segundo irmán abonará 17,94 euros.

As inscricións deberán formalizarse previamente no Centro Deportivo e de Saúde de Sarria. O prazo para solicitar os abonos está aberto desde o 1 de xuño de 2026, mentres que as inscricións para os cursos de natación poden realizarse desde o 8 de xuño.

Para completar a matrícula será necesario presentar a fotocopia do DNI e tamén a do libro de familia.

0.11381697654724