Sarria abre o prazo para solicitar praza na Ludoteca de Nadal, que ofrecerá 75 vacantes

SarriaXa
O programa desenvolverase do 22 de decembro ao 7 de xaneiro e contará con servizos de madrugadores, ludoteca e atención polas tardes
Sarria-Nadal
27 Nov 2026

A Concellería de Igualdade de Sarria porá en marcha un ano máis a Ludoteca de Nadal, unha iniciativa incluída no programa Sarria Concilia que ten como obxectivo facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións escolares.

O servizo está dirixido a nenos e nenas das etapas de educación infantil e primaria que estean empadroados no municipio e escolarizados nos centros educativos de Sarria. A programación desenvolverase entre o 22 de decembro de 2026 e o 7 de xaneiro de 2027, ambos os días incluídos.

A iniciativa contará cun total de 75 prazas, cun mínimo de 15 participantes para a súa realización, e ofrecerá tres servizos diferenciados. O de madrugadores funcionará de 07:30 a 09:30 horas, a ludoteca desenvolverase de 09:30 a 14:00 horas e o servizo de tardes, que inclúe friameira, garda e custodia, estará dispoñible de 14:00 a 15:30 horas.

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto do 30 de novembro ao 7 de decembro.

0.18106007575989