Sarria acolle a presentación de tres libros con motivo do Día das Letras Galegas

Con motivo do Día das Letras Galegas que terá lugar o venres, 17 de maio, o Concello de Sarria acollerá a presentación de tres libros.
Así, o xoves ás 20.00 horas, O Garaxe acollerá a presentación de ‘Trânsito’, de Antom Fortes; ‘Salífero’ de Luis López Alonso; e ‘Gacela’, de Genaro da Silva.
O acto contará coa presenza de Antón Lopo, editor das tres obras con Chan de Pólvora e gañador do premio Fiz Vergara Vilariño no ano 2022.