Sarria acolle un laboratorio de teatro dentro do proxecto Sarria <30

Sarria acollerá este sábado 2 de maio un laboratorio de teatro incluído no proxecto Sarria <30 de Ouvirmos, unha iniciativa que busca achegar propostas culturais e formativas á mocidade e á cidadanía en xeral.
A actividade desenvolverase na Casa da Cultura e estará centrada na exploración do corpo e da expresión escénica a través dunha metodoloxía práctica.
Trátase dunha experiencia pensada para experimentar, aprender e gozar do teatro desde dentro, traballando ferramentas fundamentais do ámbito escénico nun formato participativo e dinámico.
O laboratorio dará comezo ás 10:30 horas e estará impartido por Ernesto Is, profesional encargado de guiar esta sesión na que se abordará a expresión corporal e a creatividade como eixos principais do traballo teatral.