Sarria acollerá unha charla gratuíta sobre o vínculo emocional entre as persoas e os seus animais

SarriaXa
A Asociación de Crecemento Persoal e Saúde Natural de Sarria organiza este encontro o domingo 22 de novembro, ás 18:00 horas, en Vilamaior, para abordar a relación entre persoas e mascotas desde unha perspectiva sistémica e emocional
recurso mascotas e donos
19 Nov 2026

A Asociación de Crecemento Persoal e Saúde Natural de Sarria organiza o vindeiro domingo 22 de novembro unha charla gratuíta sobre o vínculo multiespecie, centrada na relación entre as persoas e os seus animais de compañía, especialmente cans e gatos.

O encontro terá lugar ás 18:00 horas en Vilamaior e ofrecerá un espazo para coñecer unha perspectiva diferente sobre a convivencia coas mascotas, afondando nos aspectos emocionais e sistémicos da relación máis alá do seu comportamento.

Durante a sesión tamén se presentará o próximo obradoiro intensivo da Escola Tephira e haberá un espazo aberto para resolver dúbidas e compartir inquedanzas das persoas asistentes.

A participación será gratuíta, pero será imprescindible reservar praza debido á limitación de aforo. A proposta busca promover unha maior comprensión da relación entre as persoas e os seus animais de compañía.

0.14607715606689