Sarria busca catro operarios para o arranxo de vías municipais

SarriaXa
Sarria busca catro operarios para o arranxo de vías municipais en réxime de persoal laboral temporal de emprego público
20 Mar 2023

O Concello de Sarria convoca catro prazas de emprego público para catro operarios para o arranxo de vías municipais durante dous meses en réxime de persoal laboral temporal.

Para poder acceder a este posto de traballo, as persoas interesadas terán que posuír o título de estudos primarios, certificado de escolaridade ou equivalente.

A presentación de instancias é ata o 23 de marzo e poderá facerse a través do rexistro do Concello de Sarria, en horario de mañá, na sede electrónica do Concello, no rexistro doutras Administracións e nas oficinas de Correos.

0.15475583076477