Sarria convértese esta fin de semana en escenario do rock internacional

O Buril remata agosto cunha programación centrada na música en directo e con dúas citas que levarán ata Sarria propostas procedentes de diferentes escenas do rock. O espazo acollerá esta fin de semana catro bandas de distintas procedencias, con actuacións previstas o venres 28 de agosto e o domingo 30 de agosto.
A primeira cita será o venres 28 de agosto, ás 22:00 horas, coa actuación de Erudica, formación procedente de Brasil, que estará acompañada por Enghendrix e Mugre, chegadas desde Vigo. A xornada ofrecerá unha noite dedicada ao rock en directo e reunirá a músicos con experiencia dentro do xénero.
A segunda proposta terá lugar o domingo 30 de agosto, ás 20:00 horas, coas actuacións de Blizzard Hunter, procedentes de Perú, e Ruen, chegados desde Noruega. Ambas as formacións contan con traxectoria dentro da escena rock e recalarán en Sarria para ofrecer unha nova noite de música en directo.
Con estas dúas actividades, Buril continúa ampliando a súa programación e reforzando a súa aposta por achegar a Sarria artistas e bandas de diferentes procedencias. O espazo busca consolidarse como un punto de encontro para músicos e público, combinando propostas locais, nacionais e internacionais.
A programación deste fin de semana reunirá así catro bandas e catro procedencias en dúas noites de rock, co obxectivo de seguir impulsando a música en directo e xerar novos espazos de encontro arredor da cultura musical en Sarria.