Sarria homenaxea a Pilar Armesto Valiña cunha placa na súa casa natal de Vilar

O Concello de Sarria rendeu homenaxe este 23 de maio a Pilar Armesto Valiña, sobriña do coñecido “cura do Cebreiro”, Elías Valiña, coa colocación dunha placa na súa casa natal de Vilar, en Vilar de Sarria.
O acto celebrouse ás 12.30 horas e serviu para recoñecer a traxectoria dunha muller moi vinculada ao espírito do Camiño de Santiago, lembrada especialmente pola súa solidariedade, hospitalidade e compromiso cos peregrinos.
Durante a homenaxe, o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, destacou que Pilar Armesto foi “un bastión na defensa dos valores do Camiño” e salientou tamén o seu papel como unha auténtica institución na atención ás persoas peregrinas que atravesan o municipio.