Sarria será escenario de actividades especiais con motivo da visita da Garda Real

SarriaXa
A vila acollerá un programa de exhibicións, encontros co público e unha etapa do Camiño de Santiago
chegada-Garda-Real-Lugo
7 May 2026

Sarria vivirá unha programación especial coa visita da Guardia Real, que converterá a vila nun punto de encontro entre a historia, o servizo institucional e a proximidade coa cidadanía.

A actividade comezará o xoves, 7 de maio, pola tarde cun espazo especialmente pensado para o público infantil, con propostas abertas no Campo de Rugby, onde se poderán ver exhibicións, cans de traballo, actividades con tirolinas e exposición de material, nun formato participativo e divulgativo.

O venres, 8 de maio, celebrarase o acto principal na Praza da Vila, nun evento aberto a toda a veciñanza no que se inclúen demostracións da cabalería, exhibicións dinámicas e a presentación de vehículos de uso da Casa Real. A xornada completarase co tradicional arriado da bandeira, nun dos momentos máis solemnes do programa.

Ademais destas actividades, a Garda Real percorrerá unha etapa do Camino de Santiago entre Sarria e Portomarín, reforzando así a vinculación da vila co itinerario xacobeo e coa súa dimensión histórica e cultural.

0.13754796981812