The Lioness Treasure protagonizará a sesión vermú deste domingo en La Unión de Sarria

A Sociedade Cultural La Unión de Sarria organizará este domingo, 12 de xullo, unha nova proposta musical coa celebración dunha sesión vermú na terraza da entidade. A cita comezará ás 13:00 horas e estará aberta a toda a cidadanía.
A xornada contará coa actuación en directo de The Lioness Treasure, que será a encargada de poñer a banda sonora a un mediodía pensado para combinar música, lecer e ambiente de verán.
Desde La Unión convidan á veciñanza a achegarse á súa terraza para desfrutar dun vermú diferente, acompañado de música en directo, bebidas e un ambiente distendido. A actividade está aberta tanto para socios como para o público en xeral e pretende converterse nun punto de encontro para compartir a mañá do domingo.