Triacastela acolle a presentación dunha serie infantil sobre o Camiño de Santiago

O CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela acollerá este xoves, 19 de novembro, ás 13:00 horas, a presentación de "O Camiño paso a paso", unha serie educativa dirixida principalmente ao público infantil de entre 3 e 6 anos.
O proxecto está composto por seis pezas audiovisuais breves en lingua galega nas que nenos e nenas de diferentes centros educativos rurais se converten en protagonistas para amosar o Camiño de Santiago a través da súa propia mirada.
A proposta busca achegar a Ruta Xacobea aos máis pequenos cun formato adaptado á súa idade e estará aberta a todas as persoas que desexen asistir.