Triacastela acolle unha proposta teatral reivindicativa baseada en relatos sobre violencia de xénero

Triacastela acollerá o vindeiro domingo 17 de maio ás 19.00 horas a representación da obra teatral Un futuro diferente é posible pola asociación cultural de Becerreá Zoela, unha proposta escénica de carácter reivindicativo que se desenvolverá na Igrexa de Triacastela.
A peza está realizada a partir dos relatos premiados no IV Concurso de Relatos Curtos sobre Violencia de Xénero, convocado pola Fundación Luz Casanova, e propón unha posta en escena en formato de voice-over a cargo da asociación cultural Asociación cultural Zoela de Becerreá, que achega así unha lectura artística e comprometida sobre esta realidade social.
A actividade está organizada polo Concello de Triacastela coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, nunha xornada na que a cultura e a reflexión social se combinan para poñer o foco na sensibilización e na memoria colectiva a través do teatro.