Triacastela acollerá unha andaina para contemplar a eclipse total de sol do 12 de agosto

A Asociación Tira Ca Estela de Triacastela organizará o vindeiro 12 de agosto unha andaina con motivo da eclipse total de sol, unha proposta que busca reunir aos participantes para gozar dun dos fenómenos astronómicos máis destacados do ano nun entorno natural.
A actividade dará comezo ás 18.00 horas na praza do Concello de Triacastela, desde onde partirá o percorrido ata un miradoiro no que os asistentes poderán contemplar a eclipse. A participación será gratuíta para as persoas socias da entidade, mentres que os non socios deberán aboar unha cota de 3 euros.
A organización ofrecerá petiscos para todos os asistentes, a primeira consumición será gratuíta e repartiranse lentes especiais para observar a eclipse con total seguridade, ata esgotar existencias.
Desde Tira Ca Estela animan á veciñanza e aos visitantes a participar nesta iniciativa e lembran que é preciso inscribirse con antelación para poder asistir á actividade.