Triacastela acolleu un laboratorio sobre cultura e turismo dentro do programa Sarria <30

A Fonte do Lunar de Triacastela acolleu un Laboratorio de Cultura e Turismo impartido por Manuel Gago, dentro da programación de Sarria <30. O encontro estivo centrado na divulgación do patrimonio e no potencial cultural e turístico dos pequenos municipios.
A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, agradeceu a presenza na localidade dun profesional cunha ampla traxectoria tanto no ámbito xornalístico como na divulgación cultural e na investigación arqueolóxica. Ademais, destacou que Gago é tamén comisario da exposición Galicia, un relato no mundo.
No marco deste mesmo programa, Samos acolleu tamén un Laboratorio de Patrimonio Inmaterial de Baile.
O proxecto, impulsado por Ouvirmos, inclúe distintos laboratorios especializados en varios municipios, ademais dun evento central que terá lugar o 30 de maio na Praza de Abastos de Sarria.