Triacastela celebra este sábado un magosto popular con música do Dúo Póker

SarriaXa
A festa, organizada polo Concello, terá lugar a partir das 21:00 horas no polideportivo municipal
castañas-magosto-recurso
14 Nov 2026

O Concello de Triacastela organiza este sábado un magosto popular para celebrar unha das tradicións máis arraigadas do outono galego.

A festa desenvolverase no polideportivo municipal a partir das 21:00 horas e contará coa actuación musical do Dúo Póker.

A convocatoria está aberta á participación da veciñanza e ofrece unha oportunidade para reunirse arredor dunha celebración tradicional na que as castañas e a música serán as protagonistas.

0.15107297897339