Xa se poden levar os plásticos agrícolas para a súa recollida no Incio

SarriaXa
O Concello do Incio vai realizar unha recollida de plásticos agrícolas na terceira semana de xaneiro.
3 ene 2023

O Concello do Incio vai realizar unha recollida de plásticos agrícolas na terceira semana de xaneiro.

Os veciños e veciñas que teñan plásticos almacenados na casa deben depositalos atados ou en en fardos nos puntos de recollida existentes, que estarán habilitados en todas as parroquias do municipio.

Ademais, no Concello tamén se baraxa a posibilidade de recoller os plásticos agrícolas nas propias explotacións agrarias, para así facilitar o traballo aos gandeiros e agricultores.

A seguinte recollida farase na primavera.